DENUNCIA NOVIEMBRE 2009
Tuesday, November 24, 2009, 17:12
En relación ás obras do trazado la Liña de Alta Tensión a 400 kV TRIVES (Ourense)-APARECIDA (Zamora), promovida por REDE ELÉCTRICA ESPAÑOLA, antes os concellos de TRIVES, O BOLO, VIANA DO BOLO, A GUDIÑA e MANZANEDA, ante a Dirección Xeral de Urbanismo da CONSELLERÍA MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS e ante a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

DENUNCIAN
Que no concello de TRIVES, no lugar de Samamede xunto á subestación eléctrica, se teñen iniciado as obras de trazado da Liña de Alta Tensión Trives-Aparecida, sen contar coa correspondente licenza municipal nin coa preceptiva autorización urbanística previa nin tampouco con autorización da Consellería de Medio Rural no que respecta as talas de vexetación e no que respecta á afección á zonas de especial protección de espazos naturais.

Entendendo que tal actuación é contraria ao disposto na Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e mais do Decreto 28/1999, polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística para o desenvolvemento e aplicación da lei do solo de Galicia,

SOLICITAN
Que, en aplicación do disposto nos artigos 209 e 211 da antedita Lei 9/2002 e máis no artigo 49 e seguintes do tamén citado Decreto 28/1999; e en aplica-ción tamén do disposto na Lei 9/2001, de Conservación da Natureza de Gali-cia, e no artigo 22 do Real Decreto 1/2008, polo que se aproba o texto refun-dido da Lei de Avaliación de Impacto Ambiental de proxectos, se ordene a PARALIZACIÓN INMEDIATA das obras denunciadas, todo elo sen pre-xuízo das sancións administrativas que en dereito puideran corresponder.

FUNDAMENTOS DE DEREITO:
I.- SOBRE A LICENZA MUNICIPAL: a licenza urbanística ten por obxecto, -de acordo co disposto no artigo 194.1 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia-, comprobar que os actos de ocupación , construción, edificación e uso do solo e do subsolo proxectados se axustan ao ordenamento urbanístico vixente.
E continúa este artigo 194.2 da citada Lei 9/2002:
“2. Estarán suxeitos a previa licenza municipal, sen prexuízo das autorizacións que fosen procedentes de acordo coa lexislación aplicable, os actos de edificación e uso do solo e do subsolo, tais como as parcelacións urbanísticas, os movementos de terra, as obras de nova planta, a modificación da estrutura ou aspecto exterior das edificacións existentes, a primeira utilización dos edificios e a modificación do uso dos mesmos, a demolición de construcións, a colocación de carteis de propaganda visibles desde a vía pública, os peches e valados de leiras e os demais actos que se sinalen regulamentariamente.
O Decreto 28/1999, polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística para o desenvolvemento e aplicación da lei do solo de Galicia dispón, máis en concreto, en relación ao que ten que ver con estas obras para a construción da antedita Liña de Alta Tensión, que están suxeitos a licenza municipal:
Os movementos de terra, tais como desmontes, explanacións, escavacións e terrapléns, as obras de instalacións de servizos públicos e, en xeral, as relacionadas coa urbanización, exceptuando que estes actos fosen detallados e programados como obras a executar nun proxecto de urbanización definitivamente aprobado ou de edificación que dispoña de licenza outorgada.
A utilización do solo para o desenvolvemento de actividades mercantís, industriais, profesionais, de servizos ou outras análogas.
As obras de construción de infraestrutura civil, agás que estes actos fosen detallados e programados como obras a executar nun plan especial ou nun instrumento de ordenación territorial, sen prexuízo do disposto na lexislación sectorial aplicable.
As cortas e os abatementos das árbores que constitúan masa arbórea, espazo boscoso, arboredo ou parque, haxa ou non planeamento aprobado, agás as autorizadas en solo rústico por órganos competentes en materia agraria e/ou forestal.
Por outra parte, como a construción desta liña de alta tensión tamén afecta a terreos de dominio público como son os canles dos ríos, o artigo 196 da Lei do solo volve a insistir na necesidade de licenza municipal, sen prexuízo das demais autorizacións e concesións pertinentes:
Cando os actos de edificación e uso do chan e do subsolo fosen realizados en terreos de dominio público, esixirase tamén licenza municipal, sen prexuízo das autorizacións ou concesións que sexa pertinente outorgar por parte da organización xurídico-pública titular do dominio público. A falta de autorización ou concesión demanial ou a súa denegación impedirá ao particular obter a licenza e ao órgano competente outorgala.
Para acabar, de ningunha maneira pode outorgarse licenza municipal sen a correspondente autorización urbanística e demais autorizacións previas cando estas sexan preceptivas:
Non poderá concederse licenza sen que se acredite o outorgamento da autorización da Comunidade Autónoma cando for procedente de acordo co disposto na presente Lei.
Nos restantes supostos en que o ordenamento xurídico esixa, para a execución de calquera actividade, autorización doutra Administración Pública en materia ambiental ou de protección do patrimonio histórico-cultural, a licenza municipal urbanística só poderá solicitarse con posterioridade a que sexa outorgada a referida autorización(Lei 9/2002. Artigo 196)

2.- SOBRE A NECESIDADE DE AUTORIZACIÓN URBANÍSTICA: a necesidade desta autorización xa a ten feito constar, -tal e como consta na Declaración de Impacto Ambiental (BOE 2/05/2009, páxina 38606)-, a Dirección Xeral de Urbanismo no seu informe ao Estudo de Impacto Ambiental, no que advirte que a liña de alta tensión proxectada non se contempla nos instrumentos municipais de planeamento dos axuntamentos afectados, carecendo, polo tanto, de cobertura urbanística. Sinala ademais que a aprobación do proxecto ven regulada polo artigo 25 da Lei 10/1995, de Ordenación do Territorio de Galiza.
Efectivamente, de acordo co artigo 27.3 do Estatuto de Autonomía de Galicia, “correspóndelle á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva das seguintes materias: 3.- Ordenación do territorio e do litoral, urbanismo e vivenda.
É innegable que esta liña de alta tensión Trives-Aparecida incide de cheo na planificación e ordenación do territorio, e, en consecuencia, non poden obviarse as competen-cias exclusivas que, a tal respecto, ostenta a Comunidade autónoma galega e que a Xunta está obrigada a exercer.

3.- SOBRE O PROCEDEMENTO PARA A AUTORIZACIÓN URBANÍSTICA:
Entre os usos e actividades que se poden desenvolver en solo rústico, no artigo 33.2.f da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia, -segundo modificación introducida pola Lei 15/2004, de modificación da Lei 9/2002-, inclúense naturalmente as redes de transporte e distribución da enerxía eléctrica:
Instalacións necesarias para os servizos técnicos de telecomunicacións, a infraestrutura hidráulica e as redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, gas, abastecemento de auga e saneamento, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos que discorren.
Estes usos e actividades que é posible desenvolver en solo rústico clasifícanse, no artigo 34 da citada Lei 9/2002, en:
a) Usos permitidos: Os compatibles coa protección de cada categoría de solo rústico, sen prexuízo da esixibilidade de licenza urbanística municipal e demais autorizacións administrativas sectoriais que procedan.
b) Usos autorizables: Os suxeitos a autorización da Administración autonómica, previamente á licenza urbanística municipal e nos que deban valorarse en cada caso as circunstancias que xustifiquen a súa autorización, coas cautelas que procedan.
“c) Usos prohibidos: Os incompatibles coa protección de cada categoría de chan ou que impliquen un risco relevante de deterioración dos valores protexidos.
No que respecta as liñas de transporte e distribución de enerxía eléctrica, recollidas no apartado 2.f) do artigo 33, da Lei 9/2002, necesitan de autorización autonómica previa cando afecten a solo rústico de especial protección de espazos naturais. Pero, ademais, -tal e como se advirte no informe da Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galiza ao informar sobre o Estudo de Impacto Ambiental-, para esta autorización urbanística necesita da tramitación do correspondente proxecto sectorial pois, innegablemente, trátase dunha infraestrutura que afecta a varios concellos e que, pola súa dimensión e importancia, transcende a calquera dos termo municipais que atravesa:
- asi o dispón o artigo 22 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia (modificado pola disposición adicional primeira da Lei 6/2007, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia):
Os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal teñen por obxecto regular a implantación territorial de solo destinado a vivendas protexidas, infraestruturas, dotacións e instalacións de interese público ou utilidade social cando a súa incidencia transcenda do termo municipal no que se localicen, pola súa magnitude, importancia, demanda social ou especiais características, ou que se asenten sobre varios termos.
-e así o advirte, como xa se diso, a Dirección Xeral de Urbanismo ao informar sobre o Estudo de Impacto Ambiental desta liña de alta Tensión sinalando que “a aprobación do proxecto ven regulada polo artigo 25 da Lei 10/1995, de Ordenación do Territorio de Galiza (da Declaración de Impacto Ambiental)
Sobre a tramitación deste proxecto sectorial, o artigo 25 da Lei 10/1995 citado pola Dirección Xeral de Urbanismo, dispón que a formulación e aprobación dos plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal se terá que axustar ao seguinte procedemento:
O organismo ou entidade que o promova remitirao á Consellería competente por razón do contido do proxecto ou plan de que se trate para a súa tramitación, se procedese, nos casos en que non correspondese a esta a iniciativa da súa formulación.
2. O Consello da Xunta de Galicia, a proposta do Conselleiro competente por razón da materia, declarará devandito plan ou proxecto como de incidencia supramunicipal aos efectos previstos nesta Lei.
3. Os plans ou proxectos que o Consello da Xunta declare como de incidencia supramunicipal someteranse por un prazo mínimo dun mes aos trámites de información pública mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia, e de audiencia ás entidades locais sobre as que incida o plan ou proxecto.



4.- SOBRE A NECESIDADE DE AUTORIZACIÓN DA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL: Esta autorización da Consellería de Medio Rural é preceptiva no só para as talas que o proxecto poda necesitar, senón ademais por afectar a construción desta liña a zonas de especial protección dos valores naturais (Rede Natura e demais espazos protexidos) para os que, -a maiores do que poda determinar a Declaración de Impacto Ambiental-, o Decreto 72/2004, polo que se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores naturais, dispón que necesitan autorización previa da Consellería de Medio Ambiente (competencias que están agora na Consellería de Medio Rural), conforme ao disposto na Lei 9/2001, de conservación da Natureza de Galiza, todas as actividades non tradicionais que puideran por en perigo os valores que xustifican a protección destes espazos.
O trazado seleccionado por Rede Eléctrica Española (REE) para esta infraestrutura afecta en Galiza, -tal e como se recoñece na Declaración de Impacto Ambiental e consta no informe da dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia-, aos seguintes espazos da Rede Natura 2000:
ao LIC Macizo Central (E1130002), na provincia de Ourense, ao que cruza nun percorrido de 10.800 m, desde o PK-3 800 ata o PK-14 600;
ao LIC de Pena Trevinca (E1130007), en Ourense, ao que cruza durante 6.050, desde o PK-14 600 ata o PK-19 600 e desde o PK-26 200 ata o PK-27 250;
ao LIC Ribeiras do Río Tuela e os seus afluentes (E4190131), xa en Zamora, desde o PK-55 250.
Afecta, ademais, este trazado ao LIC Pena Maseira (E1130008), do que só pasa a uns 50 m de distancia, e á ZEPA de Pena Trevinca (en tramitación no momento da exposición pública e hoxe xa declarada a través do Decreto 131/2008 da Consellería de Medio Ambiente, DOG 27/06/2008) nun percorrido de 1400 m.
Deixando de lado que nestes espazos protexidos resultan afectados diversos hábitats prioritarios da Directiva 92/43/CEE, -e que, polo tanto, lle son de aplicación todo o disposto no artigo 6 da citada Directiva e artigo 45 da Lei 42/2007, do patrimonio natural e da biodiversi-dade-, resulta innegable que o trazado desta liña de Alta Tensión afecta aos citados espazos da Rede Natura séndolle de aplicación o disposto no Decreto 72/2004 sobre usos e actividades nas Zonas de Especial protección dos Valores Naturais:
De acordo co establecido no artigo 16.2º da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, os usos e actividades que se viñan rea- lizando nestes espazos e que non vulneren os seus valores naturais, pódense seguir levando a cabo, do xeito tradicional.

A realización de actividades non previstas anteriormente, e que poidan poñer en perigo os valores que xustifican a protección destes espazos requirirán autorización previa da Consellería de Medio Ambiente Decreto 72/2004. Artigo 2)
A necesidade desta autorización é, por outra parte, unha das condicións que figuran na Declaración de Impacto Ambiental, a cal no seu apartado 5 sobre condicións do proxecto, determina:
5.2. Protección dos espazos naturais protexidos.- Dado que a actuación atravesa espazos naturais protexidos pola Xunta de Galicia, incluídos asimesmo na Rede Natura 2000 (Macizo Central, Pena Trevinca e Pena Maseira), e en aplicación do Decreto 72/2004, de 2 de Abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial protección dos Valores Naturais, a realización do proxecto requirirá a autorización da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

5.- SOBRE A REPOSICIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA E MEDIOAMBIEN-TAL.- Establecida a obrigatoriedade da licenza municipal e das autorizacións autonómicas previas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e da Consellería de Medio Rural e comprobada a execución das obras sen as preceptivas autorizacións e licenzas, non pode a administración competente deixar de aplicar o que dispón a lexislación vixente sobre a reposición da legalidade. A este respecto,
a) en relación á legalidade urbanística, a Lei 9/2002 e o Decreto 2dispón:
-artigo 209 da Lei 9/2002:
-Cando se estivesen executando obras sen licenza ou orde de exección ou sen axustarse ás condicións sinaladas nelas, o alcalde disporá a suspensión inmediata dos devanditos actos e procederá a incoar o expediente de reposición da legalidade comunicándollo ao interesado.
-Co acordo de suspensión adoptaranse as medidas cautelares necesarias para garantir a total interrupción da actividade.
-artigo 214 da Lei 9/2002:
Corresponderalle ao conselleiro competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio a competencia para a adopción das medidas precisas de protección da legalidade respecto das obras e actividades realizadas en solo rústico, en calquera das súas categorías, sen a preceptiva autorización autonómica ou sen axustarse ás condicións da autorización outorgada, así como nos supostos de actividades prohibidas, sen que resulte de aplicación a limitación de prazos establecida no artigo.

-artigo 49 do Decreto 28/1999:
Cando os actos de edificación ou uso do solo, previsto no artigo 10º deste regulamento, que se atopen en curso de execución, se efectuasen sen licenza ou orde de execución, ou sen axustarse ás condicións sinaladas nelas, o alcalde disporá a suspensión inmediata dos ditos actos e a iniciación do procedemento de reposición da legalidade.
-artigo 57 do Decreto 28/1999:
Cando algún acto distinto dos regulados no artigo anterior e precisado de licenza se realizase sen esta ou en contra das súas determinacións, o alcalde disporá a cesación inmediata do dito acto e incoará expediente de reposición da legalidade.

b) en relación á legalidade ambiental, o Real Decreto 1/2008 tamén dispón:
-artigo 22.2:
2. Asimismo, sin perjuicio de lo dispuesto en el citado artículo 20.5, el órgano sustantivo acordará la suspensión en los siguientes supuestos:
b) Cuando se hubieren incumplido o transgredido de manera significativa las condiciones ambientales impuestas para la ejecución del proyecto.

En Trives, a 9 de Novembro do 2009