ESCRITO PRENSENTADO EN LEVANTAMIENTO ACTAS
Tuesday, April 27, 2010, 12:55
D. _______________________________________ con DNI nº _________________________, maior de idade, con domicilio en:

______________________________________________
_______________________________________________
_______________________________________________


con motivo do levantamento de actas previas á expropiación das fincas afectadas polo proxecto de liña eléctrica de Alta Tensión, a 400 kV, Trives-Aparecida, convocado por Resolución da Delegación do Goberno en Galicia publicada no BOE nº 75, do 27 de Marzo do 2010, e no BOP de Ourense nº 75, d0 5 de Abril do 2010, sen menoscabo das demais alegacións que, en relación aos bens e dereitos afectados, poda en dereito formular,
FAGO CONSTAR:
Primeiro: Que o referido proxecto de Liña de Alta Tensión Trives-Aparecida, promovida por Rede Eléctrica Española, ten sido autorizada, a efectos de Industria, por Resolución da Dirección General de Política Energética e Minas, do Ministerio de Industria, publicada no BOE de 13/05/2009, pero, a día de hoxe, carece das autorizacións urbanísticas que lle son preceptivas por disposición do artigo 112 do Real Decreto 1955/2000, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, suministro e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica. En efecto, o citado Real Decreto, en relación á planificación das instalaciós de trnasporte e distribución de enerxía eléctrica, dispón no seu artigo 112:
1. La planificación de las instalaciones de transporte y distribución de energía eléctrica cuando éstas se ubiquen o discurran en suelo no urbanizable, deberá tenerse en cuenta en el correspon-diente instrumento de ordenación del territorio. Asimismo, y en la medida en que dichas insta-laciones se ubiquen en cualquiera de las categorías de suelo calificado como urbano o urbani-zable, dicha planificación deberá ser contemplada en el correspondiente instrumento de orde-nación urbanística, precisando las posibles instalaciones, calificando adecuadamente los terre-nos y estableciendo en ambos casos las reservas de suelo necesarias para la ubicación dé las nuevas instalaciones y la protección de las existentes.
2. En los casos en los que no se haya tenido en cuenta la planificación eléctrica en los instru-mentos de ordenación descritos en el apartado anterior, o cuando las razones justificadas de urgencia o excepcional interés para el suministro de energía eléctrica aconsejen el estableci-miento de instalaciones de transporte o distribución y siempre que en virtud de lo establecido en otras leyes resultase preceptivo un instrumento de ordenación del territorio o urbanístico según la clase de suelo afectado, se estará a lo dispuesto en el artículo 244 del texto refundido de la Ley sobre el Régimen del Suelo y Ordenación Urbana, aprobado por el Real Decreto legislativo 1/1992, de 26 de junio, o texto autonómico que corresponda.(R.D 1955/2000. Artigo 112)
Esta liña de Alta Tensión Trives-Aparecida afecta, en Galicia, aos concellos de Pobra de Trives, Manzaneda, O Bolo, Viana do Bolo, A Gudiña e A Mezquita e en ningún dos seus planeamentos municipais consta planificación algunha de tal infraestrutura eléctrica. Necesitará, pois, de acordo co Real Decreto 1955/2000 e a Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tramitar a correspondente autorización autonómica, a cal, tendo en conta a magnitude e incidencia do proxecto e o seu carácter supramunicipal (por afectar a varios concellos), necesitará ser tramitada de acordo coas disposicións da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia. Así o ten advertido a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes en informe da Dirección Xeral de Urbanismo de 24 de Novembro do 2005, que adxuntamos ao presente escrito.
Segundo: Que, no que aos impactos ambientais, socioeconómicos e ao patrimonio se refire, este proxecto de liña de Alta Tensión, esta amparada nunha Avaliación de Impacto Ambiental baseada nun Estudo de Impacto Ambiental que a mesma Dirección Xeral de Conservación da Natureza (DXCN) da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galiza, en Informe do 27 de Febreiro do 2008, considera que non se axusta ao disposto no Real Decreto Lexislativo 1302/1986, de avaliación de impacto ambiental, e correspondente Regulamento, aprobado por Real Decreto 1131/1988, por canto, como di literalmente o citado informe da DXCN:
La descripción que se hace de cada una de estas alternativas es somera en grado sumo. Se presentan un total de 4 alternativas cuya definición abarca un total de 2 páginas (ver páginas de 226 a 228). La selección de la alternativa escogida se efectá con una argumentación sucinta. En ningún momento se efectúa una cuantificación de los impacto de cada una de las alternativas posibles. (Informe DXCN de 27/02/2008)
Tal irregularidade, -así denunciada pola propia Administración da Xunta de Galicia-, non vén máis que a constatar o carácter fraudulento da avaliación ambiental ao ser a empresa quen, antes de calquer avaliación de impacto das distintas alternativas de trazado, xa decide sobre o trazado que máis lle interesa, ata o punto de que nin empresa nin Administración tiveron repara algún en someter a información pública (a través de anuncio da Anuncio de la Dependencia del Área de
Industria y Energía de la Subdelegación del Gobierno en Pontevedra) a solicitude de declaración de utilidade pública para o trazado seleccionado por RED ELÉCTRICA ESPAÑOLA, -con relación de afectados incluída-, antes de contar coa correspondente Declaración de Impacto Ambiental favorable que permitise a autorización de tal trazado (Declaración formulada aínda ben posteriormente por Resolución do 13 de Abril do 2009 da Secretaría de Estado de Cambio Climático).

Terceiro: Por último quero tamén facer constar que teño coñecemento de que, en base a estas e outras irregularidades, está presentado e admitido ante o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid un Recurso Contencioso-Administrativo contra do trazado desta liña de Alta Tensión Trives-Aparecida.

Por todo o exposto, habida conta de que o proxecto para o que se tramita esta expropiación de bens e dereitos afectados non contan con autorización autonómica nin con licenza municipal e que, polo tanto, non está definitivamente autorizado; habida conta tamén do Contencioso-Administrativo presentado, e habida conta de que, non estando o proxecto debidamente autorizado, non procede considerar validada e, moito menos executable, a Declaración de Utilidade Pública na que se ampara este acto de levantamento de actas

SOLICITO:
Que se suspenda a celebración deste acto de levantamento de actas previas por canto o proxecto carece das autorizacións preceptivas e, polo tanto, a Declaración de Utilidade Pública na que se ampara de ningunha forma pode ser considerarse validada e executable.