RECURSO PARA HOJA DE APRECIO JULIO 2010
Thursday, July 1, 2010, 23:01
Á SUBDELEGACION DO GOBERNO EN OURENSE


D. -----------------------------------------, con DNI nº ___________________, e con domicilio a efectos de notificación en:



actuando en representación ----------------------, ante esa subdelagación de Goberno

EXPOÑO

-Que con data ------------- vénseme de comunicar, a través de notificación, correo certificado, a acta previa de ocupación dunha parcela da miña propiedade afectada polo trazado da liña de Alta Tensión a 400 kV Trives-Aparecida.
-Que esta acta de ocupación deriva do levantamento de actas previas celebrado no concello de A Póboa de Trives nos días 26, 27, 28 e 29 de Abril do presente ano (no concello de Manzaneda os días 3, 4, 5, 6, 10 e 11 de Maio) , conforme a convocatoria realizada poloa Delegación do Goberno en Galicia da Área de Industria e Enerxía publicada no BOE nº 75 do 27/03/2010;
-Que no acto de levantamento de actas previas, a maiores doutras alegacións, manifestei a miña oposición á expropiación e urxente ocupación das fincas afectadas en base á mesma argumentación do recurso contencioso administrativo presentado pola plataforma NOTTA e en base ao incumprimento da lexislación urbanística autonómica.
-Que a expropiación e urxente ocupación en materia de instalacións eléctricas ven regulada polo disposto no Real Decreto 1955/2000, o cal, -despois de advertir no seu artigo 140 que “de acordo coa artigo 52.1 da Lei do Sector Eléctrico se declaran de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica, aos efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o seu establecemento e da imposición e exercicio das servidumes de paso, recolle no seu artigo 149 que a declaración de utilidade pública levará implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación aos efectos do artigo 52 da Lei de Expropiación Sinálase, pois, aquí, en virtude de Lei, unha especificidade de urxencia para as instalacións eléctricas que, sen embargo, como se reitera en numerosa xurisprudencia, de ningunha forma pode xustificar perda de garantías legais para os dereitos constitucionais da propiedade da parte expropiada e, neste sentido, non pode privárselle á propiedade afectada pola expropiación e urxente ocupación dos recursos pertinentes, en concreto, do recurso de alzada (e efectos do mesmo) previsto nos artigos 22.1 da Lei e 21 da Lei e do Regulamento de Expropiación Forzosa no que afecta ao fundamento motivado da urxente ocupación.
Que, nin na convocatoria do acto de levantamento de actas nin nesta comunicación da acta previa á ocupación se fai advertencia algunha dos recursos que cabe presentar en contra de tais acordos ou resolucións o que, a maiores de supoñer unha indefensión en relación aos meus dereitos a propiedade, é contrario ao disposto na Lei de 30/1992, de procedemento Administrativo Común.

Que, reiterando o meu desacordo co trazado desta liña de Alta Tensión Trives-Aparecida, ao amparo do disposto na Lei e Regulamento de Expropiación Forzosa e reiterando, ao efecto, algún dos argumentos xa expresados no acto de levantamento de actas previas e no anuncio de demanda contra da autorización e declaración de utilidade pública desta Liña, veño a a presentar a través deste escrito RECURSO DE ALZADA contra esta urxente ocupación fundado nos seguintes

ARGUMENTOS

Un. Como acaba de dicirse máis arriba, a expropiación e urxente ocupación en materia de instalacións eléctricas ven regulada polo disposto no Real Decreto 1955/2000. Como en toda expropiación, esta ha de ampararse nunha declaración de utilidade pública na que consten a relación de bens e dereitos expropiados, declaración que, -no caso das instalacións eléctricas leva implícita, como se dixo, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación aos efectos do artigo 52 da Lei de Expropiación.
Esta especificidade de que a urxente ocupación ven determinada por Lei sen necesidade de declaración expresa de urxente ocupación non pode, sen embargo, conlevar merma algunha das garantías legais que amparan o dereito de propiedade, nin poden tampouco separarse da especificidade con que o Decreto 1995/2000 regula a autorización das instalacións eléctricas e que, polo disposto, no seu artigo 115, necesitan das seguintes resolucións administrativas:
a) Autorización administrativa, que se refire ao anteproxecto da instalación como documento técnico que se tramitará, no seu caso, conxuntamente co estudo de impacto ambiental. Así mesmo, nos casos nos que resulte necesario, permitirá a iniciación dos trámites correspondentes para a ocupación do dominio público marítimo-terrestre.
b) Aprobación do proxecto de execución, que se refire ao proxecto concreto da instalación e permite ao seu titular a construción ou establecemento da mesma.
c) Autorización de explotación, que permite, unha vez executado o proxecto, por en tensión as instalacións e proceder á súa explotación comercial.
As solicitudes de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución definidas nos parágrafos a) e b) do presente artigo poderán efectuarse de maneira consecutiva, coetánea ou conxunta.
Deste procedemento de autorización, en relación, ao procedemento de expropiación e urxente ocupación, interesa sinalar
que a autorización administrativa refírese ao ANTEPROXECTO DA INSTALACIÓN e a mesma realízase en base a unha documentación que deberá conter (artigo 123):
A) memoria na que se consignen as especificacións seguintes:
a) ubicación da instalación o cando se trate de liñas de transporte ou distribución de enerxía eléctrica, orixe, recorrido e fin da mesma;
b) obxecto da instalación;
c) características principais da mesma;
B.- Planos da instalación á escala mínima 1:50000;
C.- Presuposto estimada da mesma;
D.- Separata para as Administracións públicas, organismos e, no seu caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral con bens e servizos ao seu cargo afectadas pola instalación;
E.- Os demais datos que a Administración encargada de tramitar o expediente estime oportuno reclamar que a autorización administrativa non habilita por si mesma para a construción do proxecto o cal non poderá empezar mentres non conte o peticionario dela coa aprobación do proxecto de execución, previo cumprimento dos trámites que se sinalan no título VII do Real Decreto 1955/2000” (Resolución da Dirección General de Política Energética y Minas por la que se autoriza a Red Eléctrica de España, S.A, la línea eléctrica aérea a 400 kV, doble circuíto, Trives-Aparecida. Así o establece o Real Decreto 1955/2000, sen menoscabo de que, non obstante, poda iniciar as obras preparatorias de acondicionamento das instalacións (R. D. 1955/2000. Artigo 131.9).
Do contido destas disposicións debera ser natural que a expropiación forzosa e urxente ocupación non poda executarse máis que tal e como manifestei no acto de levantamento de actas previas, despois de estar o proxecto de execución definitivamente aprobado, pois só a este pode referirse unha declaración de utilidade pública que para a súa tramitación e aprobación require relación detallada e concreta dos bens e dereitos afectados que só poden coñecerse con tal detalle a través do proxecto de execución, pois resulta evidente que ningunha planimetría 1:50.000 (que como se dixo, é sobre a que se outorga a autorización administrativa) pode recoller con detalle a identificación das parcelas expropiadas.
Esta é a tese de reiterada xurisprudencia, en concreto da STS de 25/03/2010 que en sentenza relativa ao recurso presentado pola Comunidad de Madrid contra acordo do Consello de Ministros de 15 de Xuño do 2007, polo que se acordou a declaración de utilidade pública da Central Térmica de Morata de Tajuña (Madrid), sinala:
Como conclusión de todo o anterior temos que afirmar que non cabe declarar a utilidade pública dunha instalación eléctrica sen aprobar simultaneamente o proxecto executivo, pois non cabe admitir abrir a vía expropiatoria e a ocupación urxente de bens e dereitos sen contar previamente coa relación concreta e individualizada definitiva dos bens e dereitos afectados, e devandita relación só se contén no proxecto executivo, pois só nnel se atopa finalmente determinada a exacta e definitiva localización da instalación. O contrario sería gravemente atentatorio á seguridade xurídica e aos dereitos dos suxeitos afectados, pois permitiría iniciar actuacións expropiatorias que puidesen quedar finalmente descartadas coa posterior aprobación do proxecto executivo.

Dous. A instalación que nos ocupa conta, a día de hoxe, con autorización administrativa (Resolución da Dirección General de Energía y Minas do 27/04/2009. BOE 13/05/2009), pero, -que nós poidamos saber-, non conta aínda con proxecto de execución aprobado polo que a Declaración de Utilidade Pública aprobada por resolución da Dirección General de Energía y Minas de 18/05/2009 (BOE 01/06/2009) non pode, aínda no caso de que se queira aceptar a súa validez, surtir os efectos pretendidos por Rede Eléctrica de España da urxente ocupación.
Polo exposto, sumando estes argumentos aos xa manifestados con motivo do levantamento das actas previos,
SOLICITO
Que tendo por presentado este RECURSO DE ALZADA en tempo e forma se acepte a súa tramitación e, en base aos argumentos expostos, se ordene a paralización da urxente ocupación pretendida por REDE ELECTRICA DE ESPAÑA por ser contraria a dereito ao non estar aínda aprobado o correspondente proxecto executivo.
Que, en calquer caso, en aplicación do disposto no artigo 21 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, se proceda á suspensión da urxente ocupación entrementres non se resolva o presente RECURSO DE ALZADA e non se me notifique a súa resolución.


En-------------------------- a ----------------- de 2010